Cinco amigos - Ray, Madamme Sombra, Miguel, Duna e Cherry - adoitaban reunirse nunha casa abandonada e ruinosa da antiga vila mariñeira de Bouzas - hoxe barrio de Vigo - para entregarse aos xogos de rol onde anos atrás agochábanse os heroinómanos da zona.
Un bo día Madamme Sombra, a moza maior do grupo, desaparece repentinamente sen deixar rastro. Os xóvenes, descontentos co labor da policía e as novas que publica a prensa, seguirán as súas pegadas polo barrio sen demasiado éxito.
Na procura da rapaza, Ray atoparase casualmente cunha estrana anciá sen teito - Drake - que aparentemente anda remexando nos colectores de lixo. A Ray chámanlle moito a atención os ollos de cor violeta da vella, semellantes aos da súa compañeira, así como as súas verbas que parecen dar a entender algunha conexión coa amiga desaparecida. Nunha breve e desconcertante conversa, a mendiga entregarálle unha bóla de vidro que alberga dentro súa unha diminuta representación da vila de Bouzas. Ray queda hipnotizado co agasallo. Ao pouco tempo, desde dentro do colector, parece oír a voz de Madamme Sombra chamando por el. Sen pensalo moito, adéntrase nun submundo a través do colector, deixando abandonada a súa mochila co móbil e a bóla.
O resto do grupo encontra as súas pertenzas e xogan coa bóla, quedando tamén marabillados con ela, dando lugar a tormentas de neve nese submundo no que Ray descobre que a anciá aldraxosa, en realidade, é un cebo do capitán Francis Drake, que engana aos humanos para trasladalos a esa outra realidade paralela para alimentarse dos seus órganos vitais, desaparecendo para sempre do mundo real sen deixar pistas.
Como liberarse dese modo de "existencia" antes de que Drake lle arrebate algún órgano imprescindible?
Un dos cativos arroxa a bóla contra a parede da Igrexa de S. Miguel rompéndoa en mil anacos e Ray queda ceibe no mundo real, pero cun tamaño minúsculo, tan pequeno como o dun insecto.
Un dos cativos arroxa a bóla contra a parede da Igrexa de S. Miguel rompéndoa en mil anacos e Ray queda ceibe no mundo real, pero cun tamaño minúsculo, tan pequeno como o dun insecto.
O relato de fantasía é unha escusa para percorrer os escenarios máis representativos de Bouzas e dar a coñecer retazos da súa historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario